Blog escolar dedicado ó deporte, actividade física, saúde e ocio activo. Enmarcado no Plan Proxecta, PVAD. Educación - Xunta de Galicia.
En que consiste o PVAD/ Plan Proxecta?
O programa consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realizan o alumnado, tanto dentro como fora do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares.
As actividades do PVAD organizaranse en 4 ÁMBITOS TEMPORAIS:
* FÓRA DO CENTRO E FÓRA DO HORARIO LECTIVO:
Difusión na páxina web e creación do blog.
Realización de actividad física, exercicio e deporte en tempos de lecer e períodos vacacionais.
* DENTRO DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO:
Recreos mais activos e patios dinámicos e inclusivos.
Campañas para a promoción da saúde, actividade física, exercicio e deporte.
Obradoiros e celebracións.
Coñece o meu club.
Sesións deportivas: rugby...
Submodalidade MÓVETE + : crearanse coreografías e videos, fomentando a danza, o baile, movemento e creatividade.
Submodalidade XOGADE: actividade deportiva escolar, xogos populares...
* FÓRA DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO:
- Participación en XOGADE, Deporte escolar...
*DENTRO DO CENTRO E FÓRA DO HORARIO LECTIVO:
- Apertura de instalacións para uso deportivo ( previa solicitude)
As tradicións non se poden perder. Po iso no Ceip Filomena Dato mantemos as festas populares vivas. Unha desas festas é o Magosto: ca súa...