viernes, 26 de noviembre de 2021

TUTORIAL BAILE NADAL 2021-2022

 
TUTORIAL BAILE NADAL

Para practicar na casa, no cole, cos amigos, ca familia...deixámosvos este video tutorial para ir practicando o baile do nadal. 




jueves, 25 de noviembre de 2021

VIDEO "ALFABETO CORPORAL".


Alumnado 3º A e B de Educación Primaria, área de Educación Física. 

Con este video mostramos o traballo realizado nestas pasadas semanas, na Unidade Didáctica " O noso corpo", onde traballamos contidos da conciencia e imaxe corporal. 

AS POSTURAS E LETRAS FORON CREADAS POLO PROPIO ALUMNADO NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA. 




VIDEO "O BAILE DO OUTONO".


Video educativo realizado polo alumnado de 1º A e B e 2º A e B de Educación Primaria. Traballado na área de Educación física. 

Os contidos traballados neste video abarcan a imaxe corporal, o corpo, a lateralidade, o ritmo, a cooperación, así como contidos transversais como as nosas festividades galegas e tradicións ( magosto...) e o coñecemento da lingua galega. 





viernes, 12 de noviembre de 2021

PRESENTAMOS O PVAD


PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA



Presentamos o novo BLOG PVAD "CEIP Filomena Dato", Proxectos de Vida Activa e Deportiva, dentro do Plan Proxecta ( Conselleria de educación).

                                                                                                      

En que consiste o PVAD/ Plan Proxecta?

O programa consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realizan o alumnado, tanto dentro como fora  do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares. 


Enmarcado na PXA e enfocado de maneira transversal e interdisciplinar, ainda que mais relacionado ca área de Educación Física, pretendemos desenrolar un novo proxecto dentro do centro, co obxectivo de crear un centro mais dinámico, activo, saudable, inclusivo e cooperativo.

A saúde, a actividade física, o deporte e o movemento serán os pilares básicos deste proxecto, pero sempre ligados a educación, a diversión, o dinamismo, a inclusión, a aprendizaxe cooperativa e as experiencias significativas. 

Un dos propósitos é que alumnado, profesorado e inclusive familias, leven un estilo de vida mais activo, potenciando a saúde global e a practica de actividade física e deporte dentro e fora do horario lectivo, proporcionando recursos e posibilidades para todas e todos. 


As actividades do PVAD  organizaranse en 4 ÁMBITOS TEMPORAIS:


* FÓRA DO CENTRO E FÓRA DO HORARIO LECTIVO:

Difusión na páxina web e creación do blog. 

Realización de actividad física, exercicio e deporte en tempos de lecer e períodos vacacionais.


* DENTRO DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO:

Recreos mais activos e patios dinámicos e inclusivos.

Campañas para a promoción da saúde, actividade física, exercicio e deporte.

Obradoiros e celebracións.

Coñece o meu club.

Sesións deportivas: rugby...

Submodalidade MÓVETE + : crearanse coreografías e videos, fomentando a danza, o baile, movemento e creatividade. 

Submodalidade XOGADE: actividade deportiva escolar, xogos populares...


* FÓRA DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO:

- Participación en XOGADE, Deporte escolar...


*DENTRO DO CENTRO E FÓRA DO HORARIO LECTIVO:

- Apertura de instalacións para uso deportivo ( previa solicitude)



COÑECE O MEU CLUB: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"

AO LONGO DA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE TER NO COLE CLASES DE TENIS DA MAN DE TE-MA: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"   Incluimos a acti...