sábado, 30 de septiembre de 2023

COÑECE O MEU CLUB: BALONMÁN MIÑO

A primeira actividade neste curso dentro do programa "Coñece o meu club", do PVAD, foi impartida polo CLUB BALONMÁN MIÑO.  

Grazas aos monitores do Club, o alumnado de 2º e 3º ciclo de EP, puido coñecer un pouco mais o deporte, practicalo e informarse sobre o funcionamento do Club. 

Todo aquel neno ou nena que se queira apuntar a actividade, aínda está a tempo!!!



lunes, 25 de septiembre de 2023

III PASEO DA SAÚDE

                             "PREVENCIÓN E SAÚDE"

O vindeiro 21 de Setembro, o alumnado de 3º de Educación Primaria, participou nunha xornada pola saúde. 

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Barbadás, acompañou ao alumnado do noso centro durante a xornada, onde disfrutaron de diferentes actividades, entre elas un  obradoiro de primeiros auxilios, pautas de alimentación, e de demáis consellos relacionados ca prevención e seguridade.





 

lunes, 18 de septiembre de 2023

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE


Con motivo da Semana Europea da Mobilidade ( 18 ao 21 de Setembro), o Concello de Barbadás organiza diferentes actividades tanto no centro educativo como no Concello. 

A campaña está dirixida para sensibilizar, sobre os beneficios tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, asociados ao uso de modos de transporte máis sostibles. 

 

A primeira actividade tivo lugar o Luns 18 de Setembro, no propio centro, e tratouse dun circuito viario organizado para todo o alumnado, dende 5º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria.

Esta actividade, permite organizar unha xornada de educación vial e fomentar o uso dos vehículos de rodas polo alumnado ( bicicletas, patín e patinetes).


 




COÑECE O MEU CLUB: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"

AO LONGO DA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE TER NO COLE CLASES DE TENIS DA MAN DE TE-MA: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"   Incluimos a acti...