lunes, 30 de mayo de 2022

ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR- XOGADE: " BÁDMINTON"

O alumnado de EP participou no día de hoxe, Luns 30 de Maio, na actividade deportiva escolar "BADMINTON".

Despois de dous anos, o deporte escolar volveu a retomar os encontros nas diferentes modalidades deportivas. O noso centro apuntouse a modalidade de Badminton nas diferentes categorías.  

As alumnas e alumnos xogaron e competiron cos outros centros nas diferentes categorías, a modo de partidos individuais clasificatorios. Sin embargo, o fin desta xornada non era a competición en sí, senón retomar estes encontros entre centros e fomentar de novo o deporte escolar.

Pasamos unha divertida e bonita mañá, cun ambiente deportivo excelente e cuns valores que finalmente son o que nos levamos de volta ao cole.








miércoles, 11 de mayo de 2022

ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR: APRENDENDO A NAVEGAR SOBRE UN DRAGÓN

O alumnado de 6º participou o pasado Luns 9 de Maio nunha divertida xornada deportiva escolar, enmarcada no Xogade, que consistiu na práctica de piragüismo, modalidade de dragón. 

Durante hora e media o alumnado xunto cos seus titores e profesores de Educación Física puideron disfrutar e coñecer esta modalidade de piragüismo, onde o traballo en equipo e fundamental. Despois de tanto remar e remollarse....unha merecida merenda á beira do Río Miño e volta ao cole en bus. 

 

 

Nestre link podedes aprender mais desta disciplina!

https://rfep.es/barco-dragon/

 

E AQUÍ UN VIDEO DA XORNADA E AS DIVERTIDAS FOTOS! 

https://www.laregion.es/video/videos-ourense/sesion-escolar-iniciacion-piraguismo/202205091256001129286.html 

 
 
 
 

 




 

 

 

 

COÑECE O MEU CLUB: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"

AO LONGO DA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE TER NO COLE CLASES DE TENIS DA MAN DE TE-MA: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"   Incluimos a acti...