jueves, 17 de noviembre de 2022

COÑECE O MEU CLUB: CLUB XIMNASIA "PAVILLÓN"

O deporte en idade escolar é fundamental, no só polos beneficios físicos e a mellora da motricidade, corporalidade e a saúde, senón tamén polos beneficios a nivel socio-afectivo, emocional e cognitivo. Nestas idades, o deporte é un medio para o desenrolo integral das nenas e nenos, que están construindo o seu mundo,valores, intereses e as súas aficións ou vida profesional futura. 

Por iso, dende o noso centro, estamos comprometidos co deporte escolar en todas as súas modalidades, ofrecendo ao noso alumnado a posibilidade de coñecer e experimentar a maior variedade de modalidades deportivas e disciplinas. 

NO DÍA DE HOXE, TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CO "CLUB XIMNASIA PAVILLÓN" NO NOSO CENTRO. 

Raquel e Yaiza ( adestradoras de ximnasia rítmica), acudiron ao centro para dar una charla e mostrar o  deporte as nenas e nenos de 5º curso. Explicaron as diferentes modalidades da ximnasia: rítmica, artística, estética e trampolín; os seus beneficios, elementos....algún que outro video...e tamén nos fixeron unha pequena demostración!

GRAZAS CHICAS!!! ENCANTOUNOS!

PARA AQUELAS NENAS E NENOS QUE LLES INTERESE ESTE DEPORTE, DEIXAMOS O ENLACE DO CLUB, QUE TEN ESCOLA ASOCIADA NO CONCELLO DE BARBADÁS. 

 https://www.cxpavillonourense.com/escola

https://www.barbadas.es/concellarias/deportes-gl/#concello

                                FOTOS DA XORNADA "COÑECE O MEU CLUB": XIMNASIA

 






miércoles, 16 de noviembre de 2022

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS: "PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS"

O alumnado de 3º e 4º  de Educación Primaria participou o día 14 e 15 de Novembro nun obradoiro de Primeiros Auxilios, "PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS", organizado pola Concellería de Sanidade. Grazas a varias enfermeiras e enfermeiros, as nenas e nenos aprenderon conceptos básicos de primeiros auxilios e divertíronse con esta nova experiencia, que se ofrece aos centros educativos.

Os primeiros auxilios son moi importantes e forman parte dos contidos relacionados ca saúde, traballándose de maneira transversal e interdisciplinar na educación dos cativos.

Os Obxetivos do obradoiro son os seguintes: 

*Empoderar as nenas e nenos no seu autocoidado e adiestralos para que saiban actuar ante unha emerxencia e situacións do día a día: feridas, febre...

Aprenderon a tomar o pulso, facer unha RCP, curar unha ferida...da maneira mais lúdica e divertida posible.

PODEDES VER UN ANAQUIÑO DO OBRADOIRO NAS FOTOS

 

 

 
 
       
 
 

 
 
 










 
 


martes, 15 de noviembre de 2022

XOGOS POPULARES GALEGOS PARA FESTEXAR O MAGOSTO

 O XOVES 10 DE NOVEMBRO FESTEXAMOS NO COLE O MAGOSTO

Despois do recreo, o alumnado de educación infantil e primaria gozou dunha xornada de Xogos populares galegos. Os  xogos foron organizados dende o PVAD, dentro da programación de festividades lúdico-deportivas e xogos, programadas na PXA. Participou todo o profesorado e alumnado do centro, tendo moi boa acollida e funcionamento. Tamén foi amenizado por música tradicional galega e algún que outro baile galego caeu...ademais de castañas e chourizos!!

XOGOS: mariola, tres en raia, zancos, birlos, o pano, pasar o aro, pasar a castaña....


 

 

 






















 




COÑECE O MEU CLUB: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"

AO LONGO DA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE TER NO COLE CLASES DE TENIS DA MAN DE TE-MA: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"   Incluimos a acti...