miércoles, 16 de noviembre de 2022

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS: "PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS"

O alumnado de 3º e 4º  de Educación Primaria participou o día 14 e 15 de Novembro nun obradoiro de Primeiros Auxilios, "PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS", organizado pola Concellería de Sanidade. Grazas a varias enfermeiras e enfermeiros, as nenas e nenos aprenderon conceptos básicos de primeiros auxilios e divertíronse con esta nova experiencia, que se ofrece aos centros educativos.

Os primeiros auxilios son moi importantes e forman parte dos contidos relacionados ca saúde, traballándose de maneira transversal e interdisciplinar na educación dos cativos.

Os Obxetivos do obradoiro son os seguintes: 

*Empoderar as nenas e nenos no seu autocoidado e adiestralos para que saiban actuar ante unha emerxencia e situacións do día a día: feridas, febre...

Aprenderon a tomar o pulso, facer unha RCP, curar unha ferida...da maneira mais lúdica e divertida posible.

PODEDES VER UN ANAQUIÑO DO OBRADOIRO NAS FOTOS

 

 

 
 
       
 
 

 
 
 










 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAGOSTO: XOGOS POPULARES

As tradicións non se poden perder. Po iso no Ceip Filomena Dato mantemos as festas populares vivas.    Unha desas festas é o Magosto: ca súa...