martes, 31 de enero de 2023

ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR XOGADE: "CAMPO A TRAVÉS" ATLETISMO

O  mércores, 25 de Xaneiro, o alumnado do noso centro, participou na actividade deportiva escolar "Campo a través" Atletismo, edición 2023. A xornada escolar, na súa fase comarcal, tivo lugar no Concello de Muiños, nunha mañá xélida pero moi soleada.  

Esta modalidade desenvolvese en circuitos de campo a través. Celebranse fases locais ou comarcais, unha fase intercomarcal, unha fase provincial e unha fase autonómica. A participación das categorías benxamíns finaliza no Campionato Provincial. As categorías alevíns, infantís e cadetes participarán ademais no Campionato Galego organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte. Establécense dúas clasificacións: individual e por equipos. 

O noso alumado participou nas categorías benxamín, alevín e infantil; resultando clasificados varios dos nosos alumnos e alumnas, aínda que todas e todos son campións e campionas polo feito de participar, esforzarse e sobretodo disfrutar do deporte e os seus valores. 

ALBUM DE FOTOS DA XORNADA



 












COÑECE O MEU CLUB: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"

AO LONGO DA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE TER NO COLE CLASES DE TENIS DA MAN DE TE-MA: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"   Incluimos a acti...