lunes, 27 de noviembre de 2023

OBRADOIRO PRIMEROS AUXILIOS ( ALUMNADO 5º E 6º)

"OS PRIMEIROS AUXILIOS SALVAN VIDAS"

Despois de que o profesorado do centro recibise un obradoiro para lembrar os primeiros auxilios básicos...foi o turno do alumnado mais maior do centro ( 5º e 6º).

Durante a mañá do Mércores 22 de Novembro e grazas a Cruz Vermella de Ourense, aprenderon as nocións básicas de primeiros auxilios: números aos que chamar, como actuar ante un accidente, a RCP, Maniobra de Heimilich e outras cousas fundamentais para axudar a salvar unha vida.   


  

  


 








 

 

VIDEOS PARA APRENDER PRIMEIROS AUXILIOS:  

 

 

 






miércoles, 22 de noviembre de 2023

CAMPO A TRAVÉS ( DEPORTE ESCOLAR)

O Martes 21 de Novembro, tivo lugar a actividade Deportiva Escolar de "Campo a través" (Atletismo), final Comarcal, no Concello de Muiños. 

Esta actividade, enmarcada dentro do Programa Xogade (que temos incluido no PVAD),  levamola realizando varios anos, cunha boa acollida e participación por parte do noso alumnado. 

Da nosa parte, moitas grazas por participar e noraboa a todas e todos!! Para nos sodes todas e todos gañadoras e gañadores!!!

Noraboa tamén aos que conseguiron subir ao podium(En canto nos avisen xa vos informamos para a final Provincial). 

 

*Alumnado de 3º, no seu primeiro ano participando na categoría benxamín. 

 

 

 

*Saída categoría benxamín masculino ( 500 m).

  

* Chegada dos primeiros alumnos.

  

 

 

 

  * Categoría benxamín feminino ( 500 m).

Recuperando forzas!



* Categoría alevín masculino ( 1000 m).

 

*Categoría alevín feminino ( 1000 m).




* Categoría infantil masculino ( 1500 m).

 

O noso campión Xoán

 


*Categoría infantil feminino



PODIUM!! DE TODAS E TODOS ELES!!  

 

*TROFEO POLA NOSA PARTICIPACIÓN COMO CENTRO 

 

 

* SUBCAMPIÓN ALEVÍN MASCULINO ( BRAIS )


 

 

* SUBCAMPIONA ALEVÍN FEMININO ( ANTÍA)

 

 

* CAMPIÓN INFANTIL MASCULINO ( XOÁN)



*Trofeo subcampións ( infantil) por equipos



viernes, 17 de noviembre de 2023

OBRADOIRO NUTRICIÓN: "COMENDO CORES"

O 16 de Novembro tivemos de novo no centro un obradoiro de nutrición, a cargo da nutricionista do Sergas, que xa nos visitou en varias ocasións co programa " Garabanciño come saniño" e "Comendo cores". 

Neste caso, o obradoiro, “Comendo cores”, foi para o alumnado de 4º de EP.

No obradoiro tratouse a importancia da nutrición e alimentación, o que é un prato saudable, un prato vegano, cales son os macronutrientres, a combinación de nutrientes para comer equilibrado e moitas cousas mais. 

E como sempre....o mellor é que as nenas e nenos aprendan xogando, para que a aprendizaxe sea significativa.


 






miércoles, 15 de noviembre de 2023

OBRADOIRO PRIMEROS AUXILIOS ( CRUZ VERMELLA) PARA MESTRES

O Martes 14 de Novembro, tivemos no cento un obradoiro de primeiros auxilios para os mestres do Filomena. 

Grazas a Cruz Vermella, especialmente aos voluntarios (médica, técnico e organizador) que nos dedicaron unha tarde do seu tempo libre para ensinarnos e refrescarnos aspectos básicos dos Primeiros Auxilios, tan importantes no día a día de calquera persoa. 

Lembramos como se fai unha RCP, a Maniobra de Heimlich, como se emprega un desfibrilador e outros aspectos básicos....

O seguinte será o obradoiro para o noso alumnado! Porque salvar vidas entra dentro do noso PVAD!





 

viernes, 10 de noviembre de 2023

XOGOS POPULARES POLO MAGOSTO

Ao longo da xornada do Venres 10 de Novembro, festexamos O Magosto no centro. 

Como non todo é comer....senón tamén xogar e moverse....non só degustamos castañas e bolos preñados! senón que o alumnado participou en numerosos xogos populares: birlos, zancos, tres en raia, pasar a Castaña, o pano...

Unha tradición que repetimos ano tras ano.










 

COÑECE O MEU CLUB: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"

AO LONGO DA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE TER NO COLE CLASES DE TENIS DA MAN DE TE-MA: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"   Incluimos a acti...