viernes, 17 de noviembre de 2023

OBRADOIRO NUTRICIÓN: "COMENDO CORES"

O 16 de Novembro tivemos de novo no centro un obradoiro de nutrición, a cargo da nutricionista do Sergas, que xa nos visitou en varias ocasións co programa " Garabanciño come saniño" e "Comendo cores". 

Neste caso, o obradoiro, “Comendo cores”, foi para o alumnado de 4º de EP.

No obradoiro tratouse a importancia da nutrición e alimentación, o que é un prato saudable, un prato vegano, cales son os macronutrientres, a combinación de nutrientes para comer equilibrado e moitas cousas mais. 

E como sempre....o mellor é que as nenas e nenos aprendan xogando, para que a aprendizaxe sea significativa.


 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAGOSTO: XOGOS POPULARES

As tradicións non se poden perder. Po iso no Ceip Filomena Dato mantemos as festas populares vivas.    Unha desas festas é o Magosto: ca súa...