martes, 23 de enero de 2024

OBRADOIRO XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS GALEGOS


No ámbito educativo, a Deputación de Ourense ofrece tódolos anos un Obradoiro de Xogos Populares, onde o centro pode escoller entre diferentes sesións e tipos de xogos. Xogos que posuén un gran valor tradicional, lúdico e formativo. 

 
Dende o noso PVAD e o programa XOGADE, queremos recuperar os xogos e o seu valor e darlle ao noso alumnado oportunidades lúdicas dentro da nosa cultura. 

O curso elixido tódolos anos para recibir este obradoiro é  6º de EP, pois xa teñen afianzados moitos coñecementos, e poden desfrutar das distintas sesións escollidas. 

 1º SESIÓN: A PORCA 



 2º SESIÓN: A BILLARDA

viernes, 19 de enero de 2024

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS "PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS"

O alumnado de de Educación Primaria participou no obradoiro de Primeiros Auxilios, "PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS", organizado pola Concellería de Sanidade, no que participamos todos os anos como centro educativo. 

 

Grazas a varias enfermeiras e enfermeiros, as nenas e nenos aprenderon conceptos básicos de primeiros auxilios e divertíronse con esta nova experiencia.

Os primeiros auxilios son moi importantes e forman parte dos contidos relacionados ca saúde, traballándose de maneira transversal e interdisciplinar na educación dos cativos Ademais, axudan a salvar vidas!!!

Os Obxetivos do obradoiro son os seguintes: 

*Empoderar as nenas e nenos no seu autocoidado e adiestralos para que saiban actuar ante unha emerxencia e situacións do día a día: feridas, febre...

*Aprender a tomar o pulso, facer unha RCP, curar unha ferida...da maneira mais lúdica e divertida posible. 

 

PODEDES VER UN ANAQUIÑO DO OBRADOIRO NAS FOTOS


 

  
 
  
 

 





 

martes, 9 de enero de 2024

O Bono Deporte de 120 euros xa se pode descargar polas familias con nenas e nenos de entre 6 e 16 anos federados ou inscritos no programa Xogade

O alumnado de XOGADE ( no noso centro de 3º de EP a 6º de EP, que trouxeran autorización), poderá pedir no centro ( ao seu titor), o código identifiador XOGADE 2023.  Unha vez teñades o código, xa podedes acceder a páxina web e cubrir os datos para descargar o bono. 

https://www.bonodeporte.gal/es/client

https://app.bonodeporte.gal/#/auth/sign-up

 


COÑECE O MEU CLUB: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"

AO LONGO DA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE TER NO COLE CLASES DE TENIS DA MAN DE TE-MA: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"   Incluimos a acti...