viernes, 19 de enero de 2024

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS "PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS"

O alumnado de de Educación Primaria participou no obradoiro de Primeiros Auxilios, "PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS", organizado pola Concellería de Sanidade, no que participamos todos os anos como centro educativo. 

 

Grazas a varias enfermeiras e enfermeiros, as nenas e nenos aprenderon conceptos básicos de primeiros auxilios e divertíronse con esta nova experiencia.

Os primeiros auxilios son moi importantes e forman parte dos contidos relacionados ca saúde, traballándose de maneira transversal e interdisciplinar na educación dos cativos Ademais, axudan a salvar vidas!!!

Os Obxetivos do obradoiro son os seguintes: 

*Empoderar as nenas e nenos no seu autocoidado e adiestralos para que saiban actuar ante unha emerxencia e situacións do día a día: feridas, febre...

*Aprender a tomar o pulso, facer unha RCP, curar unha ferida...da maneira mais lúdica e divertida posible. 

 

PODEDES VER UN ANAQUIÑO DO OBRADOIRO NAS FOTOS


 

  
 
  
 

 





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAGOSTO: XOGOS POPULARES

As tradicións non se poden perder. Po iso no Ceip Filomena Dato mantemos as festas populares vivas.    Unha desas festas é o Magosto: ca súa...