lunes, 30 de mayo de 2022

ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR- XOGADE: " BÁDMINTON"

O alumnado de EP participou no día de hoxe, Luns 30 de Maio, na actividade deportiva escolar "BADMINTON".

Despois de dous anos, o deporte escolar volveu a retomar os encontros nas diferentes modalidades deportivas. O noso centro apuntouse a modalidade de Badminton nas diferentes categorías.  

As alumnas e alumnos xogaron e competiron cos outros centros nas diferentes categorías, a modo de partidos individuais clasificatorios. Sin embargo, o fin desta xornada non era a competición en sí, senón retomar estes encontros entre centros e fomentar de novo o deporte escolar.

Pasamos unha divertida e bonita mañá, cun ambiente deportivo excelente e cuns valores que finalmente son o que nos levamos de volta ao cole.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE 2025

 "O CAMIÑO" Día do deporte 2025: ruta de sendeirismo pola Valenzá. PLAN PROXECTA/ PVAD ( Proxecto de vida activa e deportiva), par...