Con motivo da Semana Europea da Mobilidade ( 18 ao 21 de Setembro), o
Concello de Barbadás organiza diferentes actividades tanto no centro
educativo como no Concello.
A campaña está dirixida para sensibilizar, sobre os beneficios tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, asociados ao uso de modos de transporte máis sostibles.
A primeira actividade tivo lugar o Luns 18 de Setembro, no propio centro, e tratouse dun circuito viario organizado para todo o alumnado, dende 5º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria.
Esta
actividade, permite organizar unha xornada de educación vial e fomentar
o uso dos vehículos de rodas polo alumnado ( bicicletas, patín e
patinetes).
No hay comentarios:
Publicar un comentario