Continuando co proxecto do curso anterior, este ano mantivemos no centro os patios dinámicos, para que o tempo de lecer do recreo fose máis divertido, inclusivo e con variedade de opcións de xogo.
O noso horario proposto por cursos, permitiu que o alumnado puidese escoller entre varias opcións: tempo libre, xogos ou tamén biblioteca. Ademais, deste xeito, organizase mellor o espazo e os tempos, non hai tantas disputas no patio e favorécese que as nenas e nenos aumenten a carga diaria de actividade física.
As actividades propostas foron as seguintes:
* Deportes: fútbol, baloncesto, xogos alternativos.
* Xogos tradicionais: mariola, combas, gomas, zancos, twister...
* Xogos de mesa: xadrez, tres en raia, cartas, oca, parchís, pintar con xiz...
No hay comentarios:
Publicar un comentario