lunes, 12 de mayo de 2025

BADMINTON

O alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria participou un ano mais na fase comarcal de badminton, celebrada en Ramirás, o 9 de Maio.

Como mestres queremos recalcar que no deporte escolar participa aquel alumnado interesado no deporte ofertado, e moitas veces....as prazas son limitadas, polo que tenemos que facer un sorteo para poder ser xustos na participación.

Moitas grazas por participar!! 


 




 

martes, 6 de mayo de 2025

COÑECE O MEU CLUB: ACADEMIA FUTSAL ( FÚTBOL SALA)


  
 
Ao longo destas semanas do mes de Abril e Maio, tivemos a sorte de contar coa visita nas sesións de Educación Física da ACADEMIA FUTSAL ( Fútbol sala). 
 
Grazas aos monitores de fútbol sala, as nenas e nenos do cole coñeceron un pouco mais o deporte, practicaron habilidades e por enriba de todo pasárono moi ben!

SE QUEREDES SEGUIR PRACTICANDO O FÚTBOL SALA...XA SABEDES! ANOTÁDEVOS A SÚA ACADEMIA! PARA O ANO QUE VEN...ADEMAIS DE EQUIPOS MIXTOS, TERÁN EQUIPOS EXCLUSIVAMENTE FEMININOS. 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!
 
 
 
 
 
 


 

martes, 29 de abril de 2025

ACTIVIDADE DE PIRAGÜISMO - BARCO DRAGÓN

O pasado luns 28 de abril o alumnado de 6º de educación primaria desprazouse a Castrelo de Miño para participar na actividade de piragüismo, na modalidade de barco dragón, organizado polo programa Xogade.

Que mellor que unhas imaxes da xornada para ver o ben que o pasaron!

  

 

 


 
  
 
  
 
 
  
 
 









viernes, 25 de abril de 2025

DÍA DA BICI NO CONCELLO DE BARBADÁS 2025

Aquí vos deixamos os mellores momentos do día da Bici 2025, organizado polo Concello de Barbadás. 

Como tódolos anos, o alumnado de 6º de E. Primaria do CEIP Filomena Dato e o CEIP Ruxidoiro, participan na xornada deportiva. 

EMPREGAR A BICI É UNHA FORMA DE COIDAR O PLANETA E TAMÉN A TI!







martes, 8 de abril de 2025

DÍA DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE 2025

 "O CAMIÑO"

Día do deporte 2025: ruta de sendeirismo pola Valenzá.

PLAN PROXECTA/ PVAD ( Proxecto de vida activa e deportiva), participando no proxecto de centro: "O camiño de Santiago".






DEPORTE ESCOLAR: FÚTBOL SALA

Un ano mais o noso alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria que quixo participar na actividade de fútbol sala e que saiu escollido a sorteo....disfrutou de varias xornadas deste deporte. Varias xornadas porque na primeira fase resultaron clasificados! pasando a final comarcal. 

O resultado final foi: semifinalistas ( 4º) e finalistas ( 5º e 6º). 

SABEMOS QUE O IMPORTANTE NON É GAÑAR, NIN VOLTAR CUN TROFEO....PERO SEMPRE QUE VOLVEN FELICES...PARA NÓS É UNHA SATISFACCIÓN.

 

 PRIMEIRA FASE





FINAIS






martes, 4 de febrero de 2025

OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

O alumnado de 6º disfrutou un ano mais do obradoiro de xogos populares e tradicionais organizado polo centro cultural popular Xoaquín Lorenzo e a Deputacion de Ourense. 

Este ano os xogos escollidos foron A Porca e A Billarda. Deixamos imaxes das xornadas e unha breve descripción dos xogos.


XOGOS:

A PORCA

Precísase: Un espazo amplo no que se poidan facer buratos doadamente no
chan.

Trátase dun xogo moi estendido pola provincia, con elementos semellantes ó hoquei.
Foi un xogo de nenos e nenas, fundamentalmente xogado no inverno, nun espazo aberto e amplo namentres se coidaba do gando.
Os elementos do xogo son un pau (caneira, moca), feito tradicionalmente de uceira, de catro a seis cuartas de lonxitude, e unha bola (porca, pino), feita de madeira dura e de seis a doce centímetros de diámetro. O campo de xogo ten que ser aberto, con tantos buratos (fucha) como participantes, repartidos en circo arredor dun central de maior tamaño (celeiro, santo, cortello...).
O/a porqueiro/a ten que tentar introducir a porca no santo, en canto o resto dos/as xogadores/as tentarán de afastala canto máis lonxe poidan. Se conseguise introducila, todos/as deberán trocar a súa fucha, momento en que o/a porqueiro/a tentará apoderarse dun destes buratos, deixándolle o seu posto á persoa que fique sen el.
Durante o desenrolo do xogo cada xogador/a ten que ter a súa moca metida na súa fucha, xa que senón o/a porqueiro/a pódella roubar pasando a ser o/a porqueiro/a.





 A BILLARDA 

 
 

 





Aínda que había un xeito de xogar preferente, en cada zona convivían varias modalidades de billarda, algunhas comúns ó resto da provincia, outras propias dese lugar.
Precísase para xogar de dous elementos: o palán e a billarda. O palán é un pau longo, de entre 50 e 80centímetros, este punto variaba segundo os gustos do xogador, e cun grosor en torno ós dous centímetros, o importante aquí é que se poida suxeitar comodamente coa man.
A billarda é un pau curto, de entre 14 e 17centímetros de lonxitude, e aproximadamente un centímetro de grosor; como é habitual en todos os xogos, as medidas van depender dos gustos dos e das xogadoras.
No obradoiro, serán dúas as modalidades escollidas para xogar: a billarda de Penaguda e a billarda de Castro Caldelas

BADMINTON

O alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria participou un ano mais na fase comarcal de badminton, celebrada en Ramirás, o 9 de Maio. Como me...