O 30 DE XANEIRO FESTEXASE O DÍA DA PAZ, ADICADO A CONMEMORAR NOS CENTROS EDUCATIVOS A CULTURA DA NON VIOLENCIA E A PAZ.
Este curso escolar, o centro decidiu conmemorar o Día da Paz dunha maneira nova, diferente e máis saudable; onde o alumnado se sentise parte dunha familia e sentise os valores da Paz: amizade, compañeirismo, tolerancia, empatía, respecto, igualdade...
Que mellor maneira que facelo a través do deporte! Por iso, decidimos facer unha carreira solidaria, e poñer estes valores en práctica. Todo o alumnado, dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria e profesorado...participou na carreira polos arredores do centro.
Tamén, o alumnado colaborou co concello entregando alimentos para o banco solidario.
MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS POR PARTICIPAR E FORMAR PARTE DESTA COMUNIDADE EDUCATIVA TAN SOLIDARIA E PACÍFICA.
DEIXAMOS IMAXES DA XORNADA: