viernes, 27 de septiembre de 2024

COÑECE O MEU CLUB: CLUB HOCKEY BARROCÁS

Este curso académico como novidade, incorporamos o Hockey na escola, tanto actividade nas clases de E.F., como actividade extraescolar deportiva. 

Promocionamos a actividade no centro grazas ao CLUB DE HOCKEY BARROCÁS, que nos ofreceu unhas sesións de proba dentro das clases de Educación Física. Desta maneira, todas e todos puidemos ter contacto co deporte e coñecelo un pouquiño mais. 

As nenas e nenos que lles guste, pódense apuntar á actividade extraescolar no cole: XOVES DE 15:30 A 16:30; ou si o prefiren á escola deportiva do club, que abarca diferentes categorias, dende os 5 anos de idade.

https://www.clubhockeybarrocas.com/

 

 DEIXAMOS UNHAS IMAXES DAS SESIÓNS DE EDUCACIÓN FÍSICA NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE. 

 

 


 

 


martes, 24 de septiembre de 2024

Barbadás celebra a Semana Europea da Mobilidade 2024 con actividades educativas e de saúde

Un ano máis, participamos como centro educativo na Semana Europea da Mobilidade. 

A campaña está dirixida para sensibilizar, sobre os beneficios tanto para a saúde como para o medio ambiente, asociados ao uso de modos de transporte máis sostibles. 

A primeira actividade tivo lugar o Luns 16 de Setembro, no centro, e tratouse dun circuito viario organizado para todo o alumnado, dende 5º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria. Esta actividade, permite organizar unha xornada de educación vial e fomentar o uso dos vehículos de rodas polo alumnado ( bicicletas, patín e patinetes).

 

CON ESTA ACTIVIDADE DAMOS A BENVIDA AO CURSO ACADÉMICO 2024-2025, SEGUINDO CO NOSO PROXECTO DEPORTIVO.

 





jueves, 30 de mayo de 2024

FINAL COMARCAL FÚTBOL SALA

PARA UN BO REMATE DE CURSO DEPORTIVAMENTE FALANDO, AS NOSAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, PARTICIPARON UNHA VEZ MAIS NA FINAL COMARCAL DE FÚTBOL SALA, EN CELANOVA.

E ADEMAIS DE COMPARTIR EXPERIENCIAS E PASAR UNHA XORNADA ESTUPENDA, TROUXERON AO COLE TROFEOS E SORRISOS!

* BENXAMÍN SUBCAMPEÓNS

 


 

* ALEVÍN CAMPEÓNS

 











 

viernes, 26 de abril de 2024

COÑECE O MEU CLUB: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"


AO LONGO DA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE TER NO COLE CLASES DE TENIS DA MAN DE TE-MA: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"

 

Incluimos a actividade dentro do noso PVAD, "Coñece o meu club", impartindo nas clases de EF. Todos os cursos de Educación Primaria pasaron pola actividade, coñeceron o deporte e pasárono xenial!

AO LONGO DO MES DE MAIO, HABERÁ CLASES EXTRAESCOLARES DE PROBA NO COLE. 

XA EN SETEMBRO INCORPORÁRASE A ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR POLAS TARDES.  

DEIXAMOS HORARIOS DO MES DE MAIO E FICHA DE INSCRIPCIÓN.

 

                                 https://publuu.com/flip-book/482103/1083416/page/2

 






















 

BADMINTON

O alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria participou un ano mais na fase comarcal de badminton, celebrada en Ramirás, o 9 de Maio. Como me...