Blog escolar dedicado ó deporte, actividade física, saúde e ocio activo. Enmarcado no Plan Proxecta, PVAD. Educación - Xunta de Galicia.
lunes, 31 de enero de 2022
1 MES, 1 XOGO ( XOGADE)
miércoles, 26 de enero de 2022
AVALIANDO A CONDICIÓN FÍSICA DO NOSO ALUMNADO
Dentro do PVAD e o Plan Proxecta, atopamos un importante test para avaliar a condición física do alumnado de educación primaria (TEST DAFIS). Os protocolos de valoración da condición física saudable contemplados en DAFIS pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado cientificamente que gardan relación coa saúde e permite coñecer en que estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que necesitan melloras e cales non.
Ao inicio deste curso académico, fixemos co alumnado de educación primaria un achegamento a estas probas/test e protocolos de valoración das capacidades físicas ( e condición física en xeral), como un primeiro contacto, para afondar mais nos vindeiros cursos e poder así ter una boa continuidade.
Chamámoslle TEST PREFIT.
Medimos a composición corporal, a resistencia, velocidade, axilidade, forza e flexibilidade con probas adaptadas as idades e cursos, aproveitando as sesións de educación física. A día de hoxe, cada alumna e alumno ten a súa ficha de valoración.
Ademáis, grazas a Diego, un profesor en prácticas de educación física e excelente profesional que nos axuda estes meses e que esta facendo un traballo de investigación da flexibilidade...puidemos facer varias probas para avaliar a flexibilidade. Tendo en conta que esta capacidade física é moi importante para previr lesións, enfermidades, manter unha boa postura corporal, forza e benestar en xeral...e senón a traballamos, involuciona e pérdese.
Aquí podedes ver unhas fotiños das probas de flexibilidade: "flexión profunda" e o "Back saved seat and reach".
MAGOSTO: XOGOS POPULARES
As tradicións non se poden perder. Po iso no Ceip Filomena Dato mantemos as festas populares vivas. Unha desas festas é o Magosto: ca súa...
-
Esta semana contamos no centro e nas sesións de Educación Física con varios profesionais do Club de Rugby Ourense para impartir dúas clases ...
-
Video educativo realizado polo alumnado de 1º A e B e 2º A e B de Educación Primaria. Traballado na área de Educación física. Os contidos t...