miércoles, 26 de enero de 2022

AVALIANDO A CONDICIÓN FÍSICA DO NOSO ALUMNADO

Dentro do PVAD e o Plan Proxecta, atopamos un importante test para avaliar a condición física do alumnado de educación primaria (TEST DAFIS). Os protocolos de valoración da condición física saudable contemplados en DAFIS pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado cientificamente que gardan relación coa saúde e permite coñecer en que estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que necesitan melloras e cales non. 

Ao inicio deste curso académico, fixemos co alumnado de educación primaria un achegamento a estas probas/test e protocolos de valoración das capacidades físicas ( e condición física en xeral), como un primeiro contacto, para afondar mais nos vindeiros cursos e poder así ter una boa continuidade.  

Chamámoslle TEST PREFIT.

Medimos a composición corporal, a resistencia, velocidade, axilidade, forza e flexibilidade con probas adaptadas as idades e cursos, aproveitando as sesións de educación física. A día de hoxe, cada alumna e alumno ten a súa ficha de valoración. 

Ademáis, grazas a Diego, un profesor en prácticas de educación física e excelente profesional que nos axuda estes meses e que esta facendo un traballo de investigación da flexibilidade...puidemos facer varias probas para avaliar a flexibilidade. Tendo en conta que esta capacidade física é moi importante para previr lesións, enfermidades, manter unha boa postura corporal, forza e benestar en xeral...e senón a traballamos, involuciona e pérdese. 

Aquí podedes ver unhas fotiños das probas de flexibilidade: "flexión profunda" e o "Back saved seat and reach".







No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAGOSTO: XOGOS POPULARES

As tradicións non se poden perder. Po iso no Ceip Filomena Dato mantemos as festas populares vivas.    Unha desas festas é o Magosto: ca súa...