Esta semana contamos no centro e nas sesións de Educación Física con varios profesionais do Club de Rugby Ourense para impartir dúas clases por grupo ( 4º, 5º e 6º).
Desta maneira, o alumnado pode achegarse a outros deportes, quizais mais descoñecidos e menos practicados, pero igual de importantes en valores deportivos. Cantos mais deportes coñezan as nenas e nenos, mellor competencia motriz desenrolarán e mais posibilidades teñen de atopar unha actividade que lle motive.
A importancia de que fagan algunha actividade deportiva no seu tempo de lecer é importantísima para a súa formación integral e saúde.
As sesións constaron de diversos xogos adaptados e un pouquiño de coñecemento da técnica, de forma divertida e lúdica.
ENCANTOULLES!
Para saber mais do clube e da súa escola...... Páxina web do club: https://www.ourenserugby.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario