viernes, 29 de abril de 2022

27 ABRIL, DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2022.

Grazas a organización do COLEF e ó concello de Barbadás, área deportes, o alumnado de 3º de EP dos centros educativos do concello, puido saír a participar nunha xornada de actividade física e deporte. 

Sabemos o importante que é que nenas e nenos fagan actividade física e se movan, pero o deporte e o exercicio pautado por profesionais debe de ser fundamental a tódalas idades. 

Os profesionais pedimos mais horas de EF nos colexios, pola súa importancia na formación integral das nenas e nenos e para favorecer a saúde e competencia motriz. 

Recoñezamos a EF.  NON FAI FALTA MAIS QUE VER OS SEUS SORRISOS.  

 

 






viernes, 8 de abril de 2022

DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE 2022- 6 DE ABRIL

 DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE 2022- 6 DE ABRIL

Despois de moito tempo sen poder facer actividades complementarias e festividades...este ano puidemos festexar o Día do deporte!

A actividade, enmarcada no PVAD, foi un éxito entre o alumnado de infantil e primaria. Dende as 12.30, o alumnado disfrutou de unha hora de xogos múltiples e media hora de baile, coa actividade " Masterclass de baile". 

Organizamos os xogos por estacións (6),  nas que os grupos ian rotando por cursos cos seus respectivos titores; alí estaba un profesor esperando para explicar o xogo.  Despois todos os grupos nos situamos no patio polideportivo para bailar ca monitora convidada a impartir a masterclass. 

O alumnado foi o encargado de decorar o patio e facer os carteis. 










PRIMARIA





                                      



         


                                                 




INFANTIL













                                                






























MASTER CLASS DE BAILE










                        





MAGOSTO: XOGOS POPULARES

As tradicións non se poden perder. Po iso no Ceip Filomena Dato mantemos as festas populares vivas.    Unha desas festas é o Magosto: ca súa...