DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE 2022- 6 DE ABRIL
Despois de moito tempo sen poder facer actividades complementarias e festividades...este ano puidemos festexar o Día do deporte!
A actividade, enmarcada no PVAD, foi un éxito entre o alumnado de infantil e primaria. Dende as 12.30, o alumnado disfrutou de unha hora de xogos múltiples e media hora de baile, coa actividade " Masterclass de baile".
Organizamos os xogos por estacións (6), nas que os grupos ian rotando por cursos cos seus respectivos titores; alí estaba un profesor esperando para explicar o xogo. Despois todos os grupos nos situamos no patio polideportivo para bailar ca monitora convidada a impartir a masterclass.
O alumnado foi o encargado de decorar o patio e facer os carteis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario