O alumnado de EP participou no día de hoxe, Luns 30 de Maio, na actividade deportiva escolar "BADMINTON".
Despois de dous anos, o deporte escolar volveu a retomar os encontros nas diferentes modalidades deportivas. O noso centro apuntouse a modalidade de Badminton nas diferentes categorías.
As alumnas e alumnos xogaron e competiron cos outros centros nas diferentes categorías, a modo de partidos individuais clasificatorios. Sin embargo, o fin desta xornada non era a competición en sí, senón retomar estes encontros entre centros e fomentar de novo o deporte escolar.
Pasamos unha divertida e bonita mañá, cun ambiente deportivo excelente e cuns valores que finalmente son o que nos levamos de volta ao cole.