O deporte en idade escolar é fundamental, no só polos beneficios físicos e a mellora da motricidade, corporalidade e a saúde, senón tamén polos beneficios a nivel socio-afectivo, emocional e cognitivo. Nestas idades, o deporte é un medio para o desenrolo integral das nenas e nenos, que están construindo o seu mundo,valores, intereses e as súas aficións ou vida profesional futura.
Por iso, dende o noso centro, estamos comprometidos co deporte escolar en todas as súas modalidades, ofrecendo ao noso alumnado a posibilidade de coñecer e experimentar a maior variedade de modalidades deportivas e disciplinas.
NO DÍA DE HOXE, TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CO "CLUB XIMNASIA PAVILLÓN" NO NOSO CENTRO.
Raquel e Yaiza ( adestradoras de ximnasia rítmica), acudiron ao centro para dar una charla e mostrar o deporte as nenas e nenos de 5º curso. Explicaron as diferentes modalidades da ximnasia: rítmica, artística, estética e trampolín; os seus beneficios, elementos....algún que outro video...e tamén nos fixeron unha pequena demostración!
GRAZAS CHICAS!!! ENCANTOUNOS!
PARA AQUELAS NENAS E NENOS QUE LLES INTERESE ESTE DEPORTE, DEIXAMOS O ENLACE DO CLUB, QUE TEN ESCOLA ASOCIADA NO CONCELLO DE BARBADÁS.
https://www.cxpavillonourense.com/escola
https://www.barbadas.es/concellarias/deportes-gl/#concello
FOTOS DA XORNADA "COÑECE O MEU CLUB": XIMNASIA