Grazas o CCP Xaquín Lorenzo e a Deputación de Ourense, o alumnado de 6º de Educación Primaria disfrutou dun Obradoiro de Xogos Populares e Tradicionais.
O alumnado de 6º A e a continuación de 6º B,tivo a sorte de aprender XOGOS DE ENREDOS, INXENIOS MUSICAIS E XOGOS BAILADOS, da man dun gran experto e coñecedor destes xogos. Este tipo de xogos teñen múltiples beneficios a nivel psicomotor, social e de transmisión de valores e tradicións. Xogaban os nosos bisavós, avós e esperemos que as nenas e nenos de hoxe sigan cas nosas tradicións e cultura galega.
DEIXAMOS UN ANAQUIÑO DA EXPERIENCIA:
Aprendemos Enredos: Pionela, Turuta.
Aprendemos Xogos bailados: O regador, O lambonciño.
Aprendemos Tabas e Xogos de Ritmo: o anel, Don Pedrón.