Un ano máis contamos no centro ca visita do Club de Rugby Ourense para ensinarnos o deporte e poder practicalo.
As sesións foron impartidas por profesionais do Club, ao alumnado de 3º/4º e 5º de Educación Primaria, dentro das sesións semanais de Educación Física. Estas sesións constaron de diversos xogos adaptados e un pouquiño de coñecemento da técnica, de forma divertida e lúdica.
Un dos obxectivos do PVAD e tamén da área de EF é que as nenas e nenos desenrolen a competencia motriz a través de múltiples experiencias e que se interesen polo deporte. Dende o centro proporcionarémoslles a maior cantidade de experiencias e recursos que favorezcan ese obxectivo.
MOITAS GRAZAS AO CLUB UN ANO MÁIS POR VIR AO COLE E FACERNOS DESFRUTAR DO RUGBY!!
Para saber mais do clube e da súa escola...... Páxina web do club: https://www.ourenserugby.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario