Blog escolar dedicado ó deporte, actividade física, saúde e ocio activo. Enmarcado no Plan Proxecta, PVAD. Educación - Xunta de Galicia.
domingo, 30 de abril de 2023
miércoles, 26 de abril de 2023
26 DE ABRIL - DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA: "Fomentando a movilidade activa con +EF".
O noso centro participa no "DÍA DA EF NA RÚA 2023" con dúas actividades diferentes:
#DEFR2023 #DEFC2023
* ALUMNADO DE 6º: ruta en bicicleta polo Concello.
A actividade levouse a cabo xunto co outro CEIP do concello, guiados pola Policía e Protección Civil.
* ALUMNADO DE 3º: xornada deportiva no pavillón de deportes do Concello de Barbadás.
Xornada deportiva, con xogos e actividades impartidas polo alumnado de TAFAZ.
martes, 25 de abril de 2023
REFERENTES NO DEPORTE: mulleres e homes deportistas.
O vindeiro 6 de Abril foi o día do deporte, e o alumnado de 6º de Eucación Primaria participou facendo un traballo para a área de EF sobre mulleres e homes referentes no deporte.
Como o fixeron tan ben, queremos facer unha exposición no centro dos seus traballos, coincidindo ca conmemoración do día do Deporte e EF na rúa ( 26 de Abril), que celebraremos no centro con distintas actividades.
Tamén faremos un libro recopilatorio que quedará na biblioteca do centro, para que todo o alumnado o poida ter a man en calquer momento e quede como biliografía.
MULLERES DEPORTISTAS
HOMES DEPORTISTAS
OBRADOIROS DE NUTRICIÓN: "COMENDO CORES" E "GARABANCIÑO COME SANIÑO"
Con estes obradoiros completamos o noso programa de vida activa e saudable, onde a alimentación e os bos hábitos van da man da actividade física.
O primeiro obradoiro vai dirixido ao alumnado de 1º/2º/3º e chámase "Garabanciño come saniño"
O segundo obradoiro vai dirixido ao alumnado de 4º/5º/6º e chámase "Comendo cores".
AQUÍ ALGUNHAS FOTIÑOS DAS DIFERENTES AULAS:
miércoles, 19 de abril de 2023
DÍA DA BICI ( BARBADÁS)
O mércores 19 de Abril, o Concello de Barbadás organizou unha
actividade deportiva para o alumnado de 6º de Educación Primaria. A actividade consistiu nunha RUTA EN BICICLETA ( ruta Catalina), para conmemorar o día da BICI.
O percorrido fíxose xunto co alumnado de 6º de EP, do CEIP Ruxidoiro, acompañados por varios profesores de ambos centros, a policía local e protección civil. Foi unha xornada deportiva ao aire libre, moi enriquecedora e divertida.
MAGOSTO: XOGOS POPULARES
As tradicións non se poden perder. Po iso no Ceip Filomena Dato mantemos as festas populares vivas. Unha desas festas é o Magosto: ca súa...
-
Esta semana contamos no centro e nas sesións de Educación Física con varios profesionais do Club de Rugby Ourense para impartir dúas clases ...
-
Video educativo realizado polo alumnado de 1º A e B e 2º A e B de Educación Primaria. Traballado na área de Educación física. Os contidos t...