martes, 25 de abril de 2023

OBRADOIROS DE NUTRICIÓN: "COMENDO CORES" E "GARABANCIÑO COME SANIÑO"

Durante os meses de Marzo, Abril e Maio, contamos ca visita das nutricionistas do Centro de Saúde da Valenzá, para impartir varios obradoiros sobre hábitos alimentarios e nutrición. Trátase dun novo programa que ofrece o Sergas ós centros educativos, dirixidos ao alumnado de educación primaria. 

Con estes obradoiros completamos o noso programa de vida activa e saudable, onde a alimentación e os bos hábitos van da man da actividade física. 

O primeiro obradoiro vai dirixido ao alumnado de 1º/2º/3º e chámase "Garabanciño come saniño"

O segundo obradoiro vai dirixido ao alumnado de 4º/5º/6º e chámase "Comendo cores".

AQUÍ ALGUNHAS FOTIÑOS DAS DIFERENTES AULAS: 


 

 

 

 


  

 

 







No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAGOSTO: XOGOS POPULARES

As tradicións non se poden perder. Po iso no Ceip Filomena Dato mantemos as festas populares vivas.    Unha desas festas é o Magosto: ca súa...