viernes, 4 de marzo de 2022

1 MES, 1 XOGO. MARZO: "A GOMA"

" 1 MES, 1 XOGO"

Dende O PVAD e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, lanzamos a proposta " 1 MES, 1 XOGO". 

Queremos fomentar unha vida mais activa e saudable ao mesmo tempo que coñecemos e mantemos as nosas tradicións e cultura galega. Por iso, traballaremos un Xogo popular cada mes ao longo diste curso. Porque estamos perdendo a esencia da vida, o movemento e o xogo...e queremos que as nenas e nenos de agora, aprendan a xogar como antes. Porque ademais, o ovemento, o xogo tradicional e a cultura galega, forman parte do noso curriculo.

Primeiro traballaranse nas aulas, afondarase no xogo, regras, material, as cancións....co apoio do profesorado. Traballarase de maneira interdisciplinar e afondarase nas sesións de psicomotricidade e educación física. Unha vez practicado levarase ao tempo de lecer, como os recreos, fomentando desta maneira o ocio activo e uns recreos mais inclusivos.


   
MARZO É O MES DA GOMA



 

jueves, 10 de febrero de 2022

COÑECE O MEU CLUB: ESCOLA OURENSE RUGBY



Esta semana contamos no centro e nas sesións de Educación Física con varios profesionais do Club de Rugby Ourense para impartir dúas clases por grupo ( 4º, 5º e 6º). 

Desta maneira, o alumnado pode achegarse a outros deportes, quizais mais descoñecidos e menos practicados, pero igual de importantes en valores deportivos. Cantos mais deportes coñezan as nenas e nenos, mellor competencia motriz desenrolarán e mais posibilidades teñen de atopar unha actividade que lle motive. 

A importancia de que fagan algunha actividade deportiva no seu tempo de lecer é importantísima para a súa formación integral e saúde.

As sesións constaron de diversos xogos adaptados e un pouquiño de coñecemento da técnica, de forma divertida e lúdica. 

ENCANTOULLES!

Para saber mais do clube e da súa escola......  Páxina web do club: https://www.ourenserugby.com/










 










BADMINTON

O alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria participou un ano mais na fase comarcal de badminton, celebrada en Ramirás, o 9 de Maio. Como me...