viernes, 17 de noviembre de 2023

OBRADOIRO NUTRICIÓN: "COMENDO CORES"

O 16 de Novembro tivemos de novo no centro un obradoiro de nutrición, a cargo da nutricionista do Sergas, que xa nos visitou en varias ocasións co programa " Garabanciño come saniño" e "Comendo cores". 

Neste caso, o obradoiro, “Comendo cores”, foi para o alumnado de 4º de EP.

No obradoiro tratouse a importancia da nutrición e alimentación, o que é un prato saudable, un prato vegano, cales son os macronutrientres, a combinación de nutrientes para comer equilibrado e moitas cousas mais. 

E como sempre....o mellor é que as nenas e nenos aprendan xogando, para que a aprendizaxe sea significativa.


 






miércoles, 15 de noviembre de 2023

OBRADOIRO PRIMEROS AUXILIOS ( CRUZ VERMELLA) PARA MESTRES

O Martes 14 de Novembro, tivemos no cento un obradoiro de primeiros auxilios para os mestres do Filomena. 

Grazas a Cruz Vermella, especialmente aos voluntarios (médica, técnico e organizador) que nos dedicaron unha tarde do seu tempo libre para ensinarnos e refrescarnos aspectos básicos dos Primeiros Auxilios, tan importantes no día a día de calquera persoa. 

Lembramos como se fai unha RCP, a Maniobra de Heimlich, como se emprega un desfibrilador e outros aspectos básicos....

O seguinte será o obradoiro para o noso alumnado! Porque salvar vidas entra dentro do noso PVAD!





 

viernes, 10 de noviembre de 2023

XOGOS POPULARES POLO MAGOSTO

Ao longo da xornada do Venres 10 de Novembro, festexamos O Magosto no centro. 

Como non todo é comer....senón tamén xogar e moverse....non só degustamos castañas e bolos preñados! senón que o alumnado participou en numerosos xogos populares: birlos, zancos, tres en raia, pasar a Castaña, o pano...

Unha tradición que repetimos ano tras ano.










 

sábado, 30 de septiembre de 2023

COÑECE O MEU CLUB: BALONMÁN MIÑO

A primeira actividade neste curso dentro do programa "Coñece o meu club", do PVAD, foi impartida polo CLUB BALONMÁN MIÑO.  

Grazas aos monitores do Club, o alumnado de 2º e 3º ciclo de EP, puido coñecer un pouco mais o deporte, practicalo e informarse sobre o funcionamento do Club. 

Todo aquel neno ou nena que se queira apuntar a actividade, aínda está a tempo!!!



lunes, 25 de septiembre de 2023

III PASEO DA SAÚDE

                             "PREVENCIÓN E SAÚDE"

O vindeiro 21 de Setembro, o alumnado de 3º de Educación Primaria, participou nunha xornada pola saúde. 

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Barbadás, acompañou ao alumnado do noso centro durante a xornada, onde disfrutaron de diferentes actividades, entre elas un  obradoiro de primeiros auxilios, pautas de alimentación, e de demáis consellos relacionados ca prevención e seguridade.





 

BADMINTON

O alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria participou un ano mais na fase comarcal de badminton, celebrada en Ramirás, o 9 de Maio. Como me...