miércoles, 19 de octubre de 2022

HORARIO PROXECTO PATIOS DINÁMICOS

ESTE CURSO ACADÉMICO PUXEMOS EN MARCHA UN NOVO PROXETO DE PATIOS, CO FIN DE FACER DOS RECREOS ESPAZOS E TEMPOS MAIS INCLUSIVOS, ACTIVOS E DINÁMICOS.

DE MOMENTO ESTÁN FUNCIONANDO MOI BEN, POIS OS RECREOS ESTÁN MAIS ORGANIZADOS, TODAS E TODOS TEÑEN VARIAS OPCIÓNS PARA ESCOLLER: XOGOS DE PATIO, BIBLIOTECA OU TEMPO LIBRE.....E SOBRETODO......TEMOS MENOS CONFLICTOS!!

ESTE É O HORARIO , COA ORGANIZACIÓN POR CURSOS E ACTIVIDADES....ESO SÍ! NINGÚN NENO OU NENA ESTÁ OBRIGADO A XOGAR, SENÓN QUE É UNHA OPCIÓN MAIS PARA QUE ESCOLLAN NESE TEMPIÑO DE OCIO E TEMPO LIBRE. 

Porque os profes e maiores temos que estar para guiar, orientar, axudar e animar! As veces, as nenas e nenos non saben xestionar o tempo e espazo e as relacións...





miércoles, 21 de septiembre de 2022

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE. CIRCUITO CICLISTA

 O martes 20 de setembro de 2022, o alumnado de primaria disfrutou dun circuíto vial no patio do  centro, pola Semana Europea da Mobilidade.

Con esta actividade pretendese fomentar o uso responsable dos vehículos, e potenciar unha movilidade sostible, co emprego de bicicletas, patíns, patinetes....fomentando tamén a vida activa e saudable. 

 

 

 

 

 

 

 


viernes, 16 de septiembre de 2022

NOVO CURSO ACADÉMICO 2022/2023

 

COMEZAMOS O NOVO CURSO ACADÉMICO 2022-2023 CON GANAS E MOITA FORZA.

CON GANAS DE APRENDER, MOVERNOS E DISFRUTAR DA  ACTIVIDADE FÍSICA, O DEPORTE E A VIDA SAUDABLE.  IMOS A MOVERNOS E POÑER O NOSO CORAZÓN EN FORMA!!!!!


PARA ISO TEMOS A PRIMEIRA ACTIVIDADE DO CURSO NO COLE: "CIRCUITO VIARIO".  Conmemorando a Semana Europea da Mobilidade. 

PORQUE É MAIS SAUDABLE MOVERSE EN BICICLETA, PATINES OU PATINETE QUE NUN VEHÍCULO NON SOSTIBLE E ELÉCTRICO. 






lunes, 30 de mayo de 2022

ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR- XOGADE: " BÁDMINTON"

O alumnado de EP participou no día de hoxe, Luns 30 de Maio, na actividade deportiva escolar "BADMINTON".

Despois de dous anos, o deporte escolar volveu a retomar os encontros nas diferentes modalidades deportivas. O noso centro apuntouse a modalidade de Badminton nas diferentes categorías.  

As alumnas e alumnos xogaron e competiron cos outros centros nas diferentes categorías, a modo de partidos individuais clasificatorios. Sin embargo, o fin desta xornada non era a competición en sí, senón retomar estes encontros entre centros e fomentar de novo o deporte escolar.

Pasamos unha divertida e bonita mañá, cun ambiente deportivo excelente e cuns valores que finalmente son o que nos levamos de volta ao cole.








miércoles, 11 de mayo de 2022

ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR: APRENDENDO A NAVEGAR SOBRE UN DRAGÓN

O alumnado de 6º participou o pasado Luns 9 de Maio nunha divertida xornada deportiva escolar, enmarcada no Xogade, que consistiu na práctica de piragüismo, modalidade de dragón. 

Durante hora e media o alumnado xunto cos seus titores e profesores de Educación Física puideron disfrutar e coñecer esta modalidade de piragüismo, onde o traballo en equipo e fundamental. Despois de tanto remar e remollarse....unha merecida merenda á beira do Río Miño e volta ao cole en bus. 

 

 

Nestre link podedes aprender mais desta disciplina!

https://rfep.es/barco-dragon/

 

E AQUÍ UN VIDEO DA XORNADA E AS DIVERTIDAS FOTOS! 

https://www.laregion.es/video/videos-ourense/sesion-escolar-iniciacion-piraguismo/202205091256001129286.html 

 
 
 
 

 




 

 

 

 

BADMINTON

O alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria participou un ano mais na fase comarcal de badminton, celebrada en Ramirás, o 9 de Maio. Como me...