jueves, 8 de junio de 2023

PATIOS DINÁMICOS

    Continuando co proxecto do curso anterior, este ano mantivemos no centro os patios dinámicos, para que o tempo de lecer do recreo fose máis divertido, inclusivo e con variedade de opcións de xogo. 

    O noso horario proposto por cursos, permitiu que o alumnado puidese escoller entre varias opcións: tempo libre, xogos ou tamén biblioteca. Ademais, deste xeito, organizase mellor o espazo e os tempos, non hai tantas disputas no patio e favorécese que as nenas e nenos aumenten a carga diaria de actividade física. 

As actividades propostas foron as seguintes: 

* Deportes: fútbol, baloncesto, xogos alternativos. 

* Xogos tradicionais: mariola, combas, gomas, zancos, twister...

* Xogos de mesa: xadrez, tres en raia, cartas,  oca, parchís, pintar con xiz...







viernes, 12 de mayo de 2023

CORRELINGUA 2023: NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FORA!

                                             

CORRELINGUA, denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e a infancia e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. 

A xornada celebrouse no concello de Ourense. O noso centro acudiu co alumnado de 2º e 3º de Educación Primaria.  A actividade comezou no Auditorio, coa lectura do manifesto, ademáis de varias actuacións. Despois todas as nenas e nenos participaron na carreira polas rúas do casco antigo ata a Praza Maior; onde tivo lugar o concurso de pancartas e os xogos populares. 

O noso centro gañou o premio a mellor pancarta!!! Noraboa!!! E parabéns ao Equipo de Dinamización de Lingua Galega por organizar e promover a actividade no centro.

 







martes, 9 de mayo de 2023

DEPORTE ESCOLAR: BADMINTON

O alumnado dos cursos superiores de Educación Primaria, acudiu o pasado Venres 5 de Maio a fase comarcal de Badminton, en Ramirás. Unha vez mais, grazas por participar e desfrutar do deporte. 




miércoles, 26 de abril de 2023

26 DE ABRIL - DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA: "Fomentando a movilidade activa con +EF".


 O noso centro participa no "DÍA DA EF NA RÚA 2023" con dúas actividades diferentes: 

#DEFR2023 #DEFC2023

* ALUMNADO DE 6º: ruta en bicicleta polo Concello.

A actividade levouse a cabo xunto co outro CEIP do concello, guiados pola Policía e Protección Civil. 

 

 

* ALUMNADO DE 3º: xornada deportiva no pavillón de deportes do Concello de Barbadás. 

     Xornada deportiva, con xogos e actividades impartidas polo alumnado de TAFAZ.

 

 

BADMINTON

O alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria participou un ano mais na fase comarcal de badminton, celebrada en Ramirás, o 9 de Maio. Como me...