"ONDE NOS PODEMOS ANOTAR"? Ese foi o comentario mais escoitado ao rematar a actividade de hoxe. As alumnas e alumnos de 6º curso veñen emocionadas e encantadas ca actividade deportiva escolar "Escalada", e para nós, como mestres...é unha satisfacción.
Como xa temos comentado, un dos obxectivos do Proxecto Deportivo é que o alumnado desfrute de múltiples experiencias deportivas, que coñeza variedade de disciplinas e que adquira hábitos de actividade física no seu día a día. Por iso, dende o centro promovemos todo tipo de actividades deportivas e lúdicas e grazas ó programa Deporte Escolar (Xogade) temos cada ano a sorte de desfrutar de novas actividades da man de profesionais.
Moitas grazas á "Escola ourensana de escalada- ASESOU" e aos seus monitores, que son os encargados de impartir a actividade nas instalacións do Pavillón dos Remedios de Ourense.
SE QUEREDES COÑECER MAIS SOBRE A ESCALADA, PROBAR UN DÍA NAS INSTALACIÓNS DO CLUBE OU ANOTARVOS A ESCOLA OURENSANA DE ESCALADA, DEIXAMOS AQUÍ O ENLACE A PÁXINA WEB:
E AQUÍ AS FOTOS DA XORNADA:
No hay comentarios:
Publicar un comentario