martes, 28 de marzo de 2023

ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR: "FÚTBOL SALA"

Dentro do PVAD, "Deporte escolar", este ano participamos como centro en distintas modalidades, entre elas fútbol sala. 

O noso obxectivo é que as nenas e nenos disfruten da práctica do deporte e a introduzcan no seu día a día. Por iso, dende o centro, solicitamos participar en diferentes modalidades deportivas do XOGADE e que sexan elas/ eles, os que poidan escoller aquelas actividades que mais lles motiven. 

Este ano, a selección de futbol sala estivo formada por alumnas e alumnos voluntarios de 3º e 4º curso.

O xoves,16 de Marzo xogouse unha fase comarcal clasificatoria, na Merca, resultando clasificad@s para a final nas categorías BENXAMÍN e ALEVÍN.

O martes, 27 de Marzo xogouse a final en Celanova, resultando campeóns na categoría BENXAMÍN e subcampeóns na categoría Alevín.

COMO SEMPRE, PARABÉNS!!! Non polos títulos...senón por participar e ser compañeiras e compañeiros e facer un xogo limpo.

 

 
















No hay comentarios:

Publicar un comentario

COÑECE O MEU CLUB: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"

AO LONGO DA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE TER NO COLE CLASES DE TENIS DA MAN DE TE-MA: PROGRAMA "TENIS NAS ESCOLAS"   Incluimos a acti...