martes, 28 de marzo de 2023

ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR: "FÚTBOL SALA"

Dentro do PVAD, "Deporte escolar", este ano participamos como centro en distintas modalidades, entre elas fútbol sala. 

O noso obxectivo é que as nenas e nenos disfruten da práctica do deporte e a introduzcan no seu día a día. Por iso, dende o centro, solicitamos participar en diferentes modalidades deportivas do XOGADE e que sexan elas/ eles, os que poidan escoller aquelas actividades que mais lles motiven. 

Este ano, a selección de futbol sala estivo formada por alumnas e alumnos voluntarios de 3º e 4º curso.

O xoves,16 de Marzo xogouse unha fase comarcal clasificatoria, na Merca, resultando clasificad@s para a final nas categorías BENXAMÍN e ALEVÍN.

O martes, 27 de Marzo xogouse a final en Celanova, resultando campeóns na categoría BENXAMÍN e subcampeóns na categoría Alevín.

COMO SEMPRE, PARABÉNS!!! Non polos títulos...senón por participar e ser compañeiras e compañeiros e facer un xogo limpo.

 

 
















miércoles, 15 de marzo de 2023

ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR: ESCALADA

"ONDE NOS PODEMOS ANOTAR"? Ese foi o comentario mais escoitado ao rematar a actividade de hoxe. As alumnas e alumnos de 6º curso veñen emocionadas e encantadas ca actividade deportiva escolar "Escalada", e para nós, como mestres...é unha satisfacción. 

Como xa temos comentado, un dos obxectivos do Proxecto Deportivo é que o alumnado desfrute de múltiples experiencias deportivas, que coñeza variedade de disciplinas e que adquira hábitos de actividade física no seu día a día. Por iso, dende o centro promovemos todo tipo de actividades deportivas e lúdicas e grazas ó programa Deporte Escolar (Xogade) temos cada ano a sorte de desfrutar de novas actividades da man de profesionais.

Moitas grazas á "Escola ourensana de escalada- ASESOU" e aos seus monitores, que son os encargados de impartir a actividade nas instalacións do Pavillón dos Remedios de Ourense.

SE QUEREDES COÑECER MAIS SOBRE A ESCALADA, PROBAR UN DÍA NAS INSTALACIÓNS DO CLUBE OU ANOTARVOS A ESCOLA OURENSANA DE ESCALADA, DEIXAMOS AQUÍ O ENLACE A PÁXINA WEB: 

 https://www.asesou.com/nv/

                                                 E AQUÍ AS FOTOS DA XORNADA:

 
  
 
 
 
 
 




miércoles, 8 de marzo de 2023

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: REFERENTES NO DEPORTE

Hoxe é o día Internacional da Muller. Un día para lembrar a importancia da igualdade de xénero e os dereitos das mulleres en tódolos ambitos da vida. Dende a escola, loitamos pola igualdade diariamente e sabemos que a educación é un dos mecanismos mais importantes para conseguila.

Dende a área de EF e o PVAD, queremos lembrarlle a todas as nenas que poden escoller o deporte ou a profesión que máis lles guste, sen discriminación de xénero. Afortunadamente cada día hai máis referentes femininas no deporte que nos lembran que os soños están para loitalos e que podemos ser o que queiramos.

Grazas as alumnas e alumnos de 6º de Educación Primaria por facer este bonito traballo. 


                          REFERENTES FEMININAS NO DEPORTE

 










viernes, 24 de febrero de 2023

XVIII Obradoiro de Xogos Populares e Tradicionais

Grazas o CCP Xaquín Lorenzo e a Deputación de Ourense, o alumnado de 6º de Educación Primaria disfrutou dun Obradoiro de Xogos Populares e Tradicionais.

O alumnado de 6º A e a continuación de 6º B,tivo a sorte de aprender XOGOS DE ENREDOS, INXENIOS MUSICAIS E XOGOS BAILADOS, da man dun gran experto e coñecedor destes xogos. Este tipo de xogos teñen múltiples beneficios a nivel psicomotor, social e de transmisión de valores e tradicións. Xogaban os nosos bisavós, avós e esperemos que as nenas e nenos de hoxe sigan cas nosas tradicións e cultura galega.

DEIXAMOS UN ANAQUIÑO DA EXPERIENCIA:

Aprendemos Enredos: Pionela, Turuta.

Aprendemos Xogos bailados: O regador, O lambonciño.

Aprendemos Tabas e Xogos de Ritmo: o anel, Don Pedrón.


 

                

 


                                                         


 

martes, 14 de febrero de 2023

COÑECE O MEU CLUB: UN ANO MÁIS...RUGBY NA ESCOLA!


Un ano máis contamos no centro ca visita do Club de Rugby Ourense para ensinarnos o deporte e poder practicalo. 

As sesións foron impartidas por profesionais do Club, ao alumnado de 3º/4º e 5º de Educación Primaria, dentro das sesións semanais de Educación Física. Estas sesións constaron de diversos xogos adaptados e un pouquiño de coñecemento da técnica, de forma divertida e lúdica.

Un dos obxectivos do PVAD e tamén da área de EF é que as nenas e nenos desenrolen a competencia motriz a través de múltiples experiencias e que se interesen polo deporte. Dende o centro proporcionarémoslles a maior cantidade de experiencias e recursos que favorezcan ese obxectivo. 

MOITAS GRAZAS AO CLUB UN ANO MÁIS POR VIR AO COLE E FACERNOS DESFRUTAR DO RUGBY!!

Para saber mais do clube e da súa escola......  Páxina web do club: https://www.ourenserugby.com/

















BADMINTON

O alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria participou un ano mais na fase comarcal de badminton, celebrada en Ramirás, o 9 de Maio. Como me...